Alumar, Centro de Apoio Educativo en Cerceda, A Coruña Alumar, Centro de Apoio Educativo en Cerceda, A Coruña Alumar, Centro de Apoio Educativo en Cerceda, A Coruña Alumar, Centro de Apoio Educativo en Cerceda, A Coruña Alumar, Centro de Apoio Educativo en Cerceda, A Coruña Alumar, Centro de Apoio Educativo en Cerceda, A Coruña

A Academia

Clases personalizadas

A Academia

ALUMAR céntrase na atención das dificultades de aprendizaxe que poidan xurdir ao longo do proceso educativo, abarcando as seguintes etapas:

  • Educación Infantil
  • Educación Primaria
  • Educación Secundaria Obrigatoria
  • Probas de Educación Secundaria de Adultos
  • Acceso a Ciclo Medio e Superior
  • Bacharelato
  • Probas de bacharelato para maiores de 20 anos
  • Probas de acceso á Universidade
  • Algunhas materias de Universidade

Ademais destas etapas, o centro ofrece tamén clases especializadas para persoas adultas, como poden ser:

  • Talleres de memoria
  • Técnicas instrumentais básicas: lectoescritura, cálculo, compresión lectora, expresión escrita…
  • Iniciación ás NTIC (Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación)

ALUMAR conta con persoal especializado na atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE). Esta atención será individualizada ou en grupos moi reducidos, segundo as necesidades, co obxectivo de ofrecer unha resposta educativa diferente á ordinaria, por presentar:

  • Necesidades educativas especiais
  • Dificultades específicas de aprendizaxe
  • Altas capacidades intelectuais
  • Incorporación tardía ao sistema educativo
  • Condicións persoais ou de historia escolar

Os comentarios están dehabilitados.