Inicio

Alumar, Centro de Apoio Educativo en Cerceda, A Coruña

O centro de apoio educativo e psicopedagóxico ALUMAR nace coa finalidade de cubrir todas aquelas necesidades educativas permanentes e transitorias que poidan xurdir durante a infancia, a adolescencia e a etapa adulta; no ámbito educativo e formativo. O centro conta, ademais, con persoal especializado na atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE).

O obxectivo de ALUMAR é facer un seguemento do proceso educativo do alumnado, tendo en conta todos os factores que poidan influír nel, principalmente a familia e a escola; tratando de manter unha relación directa e periódica cos mesmos e así garantir unha evolución favorable no seu desenvolvemento.

Los comentarios están cerrados.